O PSOE presenta 22 propostas para mellorar infraestruturas en Muxía

Nun encontro celebrado na Coruña o pasado venres, o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co portavoz socialista de Muxía, Iago Toba Campaña, e coa viceportavoz Olalla Benlloch para analizar as propostas que o grupo municipal trasladará ao goberno local. Estas iniciativas, cun investimento total superior aos 950.000 euros, forman parte do Plan de Obras e Servizos (POS) 2025 e buscan mellorar infraestruturas e servizos no municipio.

PROXECTOS PARA O POS DE MUXÍA

O grupo socialista presentou un total de 22 proxectos que consideran «importantísimos e de gran utilidade para a veciñanza de Muxía». Entre as actuacións destacadas están a pavimentación do Camiño da Pel, o saneamento e os camiños interiores de Leis, a estrada Os Castelos-Viseo, a reestruturación integral do Polideportivo Municipal, a iluminación indirecta no acceso ao campo de fútbol de A Arliña e a senda peonil entre Quintáns e Ozón. Ademais, inclúnse propostas como o acondicionamento dos accesos ao núcleo de Sorna, a renovación do alumbrado público en Muxía con tecnoloxía LED, unha nova rede de abastecemento de auga en Armear, e a construción de depuradoras en Senande e Os Muiños.

AGRADECEMENTO Á DEPUTACIÓN

Iago Toba expresou o seu agradecemento á Deputación pola súa aposta decidida no municipio. «A Deputación da Coruña e o seu presidente demostran saber cales son as necesidades reais da administración local. Esta aposta histórica permitirá acometer infraestruturas que facilitarán a vida dos nosos veciños», destacou o portavoz municipal.

Pola súa banda, Olalla Benlloch subliñou que estas propostas «non son máis que demandas da veciñanza» e confiou en que o pleno municipal avale a iniciativa para convertelas en realidade.

O grupo socialista salientou que a Deputación de A Coruña é a principal financiadora de proxectos fundamentais no municipio da Barca, ademais de apoiar servizos sociais cruciais para o benestar diario da poboación.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso