Teatro, música e maxia en Vimianzo de xaneiro a maio

O Concello de Vimianzo anunciou que o Auditorio ofrecerá 14 espectáculos culturais de xaneiro a maio na primeira programación de 2026, financiada pola Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, o Centro Dramático Galego e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. Segundo destacan desde o Concello, trátase dunha “programación cultural diversa, de primeira orde e accesible para todos os públicos”.

Abrirá o exercicio Antonio Barros e iAlma co recital “Unha viaxe polas grandes voces da canción española” o 18 de xaneiro, e a venda de entradas será na Casa da Cultura de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e unha hora antes de cada espectáculo.

O resto da programación, segundo a nota de prensa, será:

  • 24 de xaneiro: a comedia cómica “Entre dos” protagonizada por Teté Delgado e Julio Pereira.
  • 30 de xaneiro: o Centro Dramático Galego achega a Vimianzo a estrea “Memorias dun neno labrego”.
  • 7 de febreiro: concerto da vimiancesa Gala Cernadas e Ernesto Alemán de violín e piano “Ecos do tempo”.
  • 20 de febreiro: estrea de Nortear da compañía Columna Balteira, residencia artística no Auditorio de Vimianzo. Nortear é unha peza escénica onde o espectral se confunde co real, o poliítico co onírico, o etnográfico co poético.
  • 7 de marzo: Teatro do Noroeste achega a Vimianzo a súa última produción “Manual de patronaxe”.
  • 14 de marzo: Contraproducións “Yo no quiero irme a Francia” coa recoñecida actriz María Galiana.
  • 21 de marzo: Mago Teto.
  • 28 de marzo: 8º Festival folclórico Foliada do Río Grande, organizado polos grupos Airiños do Río Grande e a Foliada de Salto en colaboración co Concello.
  • 11 de abril: a compañía Trifásico Teatro achega o espectáculo “Vento metal”, con Jéssica Canosa no elenco.
  • 18 de abril: Os Naufragos Teatro presenta Riazor Ostia, un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia, lembrando o asasinato de Pier Paolo Pasolini.
  • 25 de abril: a compañía Malasombra con “O asombro”, peza de Cándido Pazó sobre personaxes populares do Ourense de finais do XIX.
  • 2 de maio: Transeúnte, espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego, que combina música, canto, danza tradicional e danza contemporánea.

Esta semana

Camariñas nomeará a Luz Casal Filla Adoptiva nun pleno extraordinario o 29 de xullo

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro mércores, 29...

Sigue la fiesta con celebraciones en Pasarela y Cereixo

Pasarela-Calo y Cereixo celebran sus fiestas con diferentes atractivos...

Comienzan las obras de la nueva fase de la autovía de la Costa da Morte

La Xunta de Galicia ha iniciado este viernes en...

Santa Mariña inicia as súas festas coa tradicional sardiñada popular

A sardiñada popular que se celebra anualmente no porto...

Vimianzo se prepara para la XXVIII Rapa das Bestas este fin de semana

El Campo da Areosa, en Vimianzo, se convertirá este...

En corto

Camariñas nomeará a Luz Casal Filla Adoptiva nun pleno extraordinario o 29 de xullo

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro mércores, 29...

Sigue la fiesta con celebraciones en Pasarela y Cereixo

Pasarela-Calo y Cereixo celebran sus fiestas con diferentes atractivos...

Santa Mariña inicia as súas festas coa tradicional sardiñada popular

A sardiñada popular que se celebra anualmente no porto...

Vimianzo se prepara para la XXVIII Rapa das Bestas este fin de semana

El Campo da Areosa, en Vimianzo, se convertirá este...

Camariñas celebra as Festas do Carme desde este mércores

Verbenas con Olympus, La Fórmula ou Panorama City, procesión...

Anxo Lorenzo se interesa por el legado de Man de Camelle

El Director Xeral de Cultura de la Xunta de...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso