O BNG presentou varias iniciativas no Parlamento de Galicia, para pedir á Xunta de Galicia a mellora das condicións de seguridade na contorna da escola infantil (CEIP) de Camelle, e tamén do parque infantil cuberto, consignando unha partida no orzamento do 2025 para “ construír un novo parque infantil cuberto”.
Tamén piden que se resolva antes do comezo do curso escolar a falta dun mestre de música no centro escolar.
Desde o BNG sinalan que para acceder ao parque infantil do CEIP de Camelle hai que cruzar unha estrada municipal “o que pon en risco a seguridade do alumnado cada vez que acoden ao mesmo, porque ademais de que a propia estrada está en mal estado, igual que o paso de peóns, a zona non está sinalizada correctamente coas advertencias da existencia dun centro de ensino”.Tamén critican o “lamentable estado” do actual parque. As propostas foron trasladadas polo deputado Óscar Insua.
Pola súa banda, o voceiro dos nacionalistas en Camariñas, Xurxo Rodríguez, afirmou que “a Xunta desoe as demandas para que as crianzas de Camelle poidan xogar nun sitio seguro e decente”