O Partido Popular pide ao goberno do PSOE que realice un plan de actuación na Casa de Man e na súa contorna e que se teña en conta o desexo de Manfred Gnadinger, da súa familia e dos veciños de Camelle. «A intención de Man era que a súa obra se conservara e para iso deixou cartos. Tamén parece que é o desexo da familia e entendemos que o que queren os veciños» sinalou a portavoz do PP, Paula Mouzo.

«Consideramos que se debería impulsar unha restauración parcial, pero sobre todo o que temos é que marcar unha dirección e un plan de traballo».

Para os populares o goberno local debe explicarse: «Como estamos acostumados a que cambien de opinión, como pasou con Aldea Madeira, queremos saber se teñen prevista algunha actuación inmediata» declarou Mouzo Mas, que reivindicou o legado de Man como atractivo turístico e cultural.

Neste senso lembrou que o Partido Popular no seu programa electoral propoñía un plan integral de turismo de Camelle orientado sobre a figura de Man.

Tamén a restauración da Casa Museo e a elaboración dun estudio cromático da fachada marítima e espazos públicos e un plan de promoción da obra de Man.

Foto- Partido Popular de Camariñas- Facebook

Nota de prensa- Partido Popular de Camariñas