Nos partidos disputados este sábado (xornada 25) da Segunda Autonómica da Liga da Costa, os representantes da “ría” non puideron colleitar vitorias.

Empataba o Porteño a domicilio fronte á U.D. Monte Louro na Agra da Filgueira. Os goles chegaban no treito final do partido. No min 77 gol para os visitantes (en propia porta) e no 89 o empate.

Camelle S.D. 2- Cabana S.D. 3

Derrota do Camelle no Rodeiro. O primeiro tempo rematou coa vantaxe dos locais grazas a un gol de Pablo Lado (minuto 19).

En pouco máis de 20 minutos chegarían os tres goles do Cabana por medio de Pablo Pose (min 60), Sergio (min 75) e Miguel (min 81). No minuto 89 Sergio Castiñeira anotaría o segundo dos locais.

Este domingo o Camariñas recibe na casa ao Ponteceso (12,30h) e Baíñas e Muxía xogan no municipal de Vimianzo desde as 17h.

FOTO DE ARQUIVO