A portavoz municipal do BNG, Mercé Barrientos, instou ao alcalde de Muxía, Iago Toba a “iniciar canto antes as negociacións” coa Xunta para que se incrementen as prazas da Escola Infantil de Muxía.

Aclara que as prazas actuais son “insuficientes” e xa hai familias que están levando aos seus fillos a garderías de concellos limítrofes que ofertan moitas máis”.

Desde o BNG criticaron que o alcalde non respondiu a pregunta formulada no último pleno e que chegou a sinalar a persoas do público.

Para os nacionalistas “é fundamental” contar con prazas suficientes xa que “este servizo condiciona a posibilidade de conciliar vida laboral e familiar e mesmo a posibilidade de que se establezan no concello as familias”.