A Consellería do Medio Rural informa que un incendio rexistrado no concello de Camariñas, parroquia da Ponte do Porto, quedou estabilizado ás 08,29 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 22,19 horas de onte e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 13 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas e 1 pa. Tamén afectou ao concello de Vimianzo.

Un incendio orixinado na parroquia de Ponte do Porto(Camariñas) e que avanzou cara o concello de veciño de Vimianzo causou unha forte alarma na zona, chegando a ameazar a dúas casas.
Algo que evitaron os medios contra incendios nunha do sábado e unha madrugada do domingo moi complicada, onde as lapas aviváronse polos refachos de vento rexistrados. Desde a zona das Barrosas o lume avanzou afectando tamén as parroquias vimiancesas de Cures e Carnés.






