O Partido Popular de Muxía proporn no vindeiro pleno, a través dun rogo, que se conmemore o día internacional do deporte que será o próximo 6 abril.
Piden que se organice unha actividade para poñer en valor a deportistas como “ Lucía Pazos, recentemente 7ª no campeonato de Judo de España; Samuel Méndez, bronce no Campionato de Taekwondo Senior; Claudia Otero, subcampeona de España na súa categoría de fútbol coa selección galega, entre outros como Barca Toba, Patri Romaní, Raúl Lema e moitos máis” .
Becas deportivas en Muxía
Sandra Vilela anunciou que tamén proporán a creación dunhas becas deportivas “para axudar a estes mozos a que continúen coas súas carreiras e sexan coñecedores do orgullosos que fannos sentir”.
No apartado de rogos e preguntas os populares preguntarán polas medidas que se van a adoptar de cara á rehabilitación dos vestiarios do campo da Arliña.
“Nese pleno vaisenos a propor gastar máis de 1 millón de euros dos aforros dos muxiáns e ,sen embargo, non se lle ocurrio ao goberno incluir, polo menos, a mellora dos vestiarios o cal nos parece fundamental facelo xa para que poidan estar listos de cara á temporada do ano que vén” engade Vilela.