Vimiverán 2026 incorpora a eclipse solar total como eixo educativo

O Concello de Vimianzo presentou o Vimiverán 2026, o programa municipal de conciliación dirixido á infancia, que se desenvolverá durante os meses de verán cunha ampla oferta de actividades educativas, deportivas, culturais e de lecer.

O prazo de preinscrición estará aberto do 8 ao 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou de forma presencial na Casa da Cultura. O sorteo público de prazas celebrarase o 15 de xuño ás 12.00 horas. A formalización de matrículas e o pagamento das taxas realizaranse entre o 15 e o 17 de xuño para a primeira quenda, e entre o 15 e o 22 de xuño para o resto de actividades.

A principal novidade desta edición será a incorporación da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 como eixo educativo transversal de todo o programa. As crianzas participantes achegaranse a este fenómeno astronómico a través de actividades adaptadas ás súas idades.

O programa incluirá un protocolo específico de observación segura da eclipse, obradoiros de construción de proxectores estenopeicos, xogos e actividades de divulgación científica para explicar como se produce este fenómeno e a importancia de observalo con seguridade.

A proposta busca converter a eclipse nunha experiencia de aprendizaxe compartida, fomentando a curiosidade científica e o interese pola observación do ceo.

A oferta complétase con programas xa consolidados como VimiAstronomía, VimiDeporte, VimiCheff e VimiInformática, ademais de VimiAsalto, unha actividade inspirada no Asalto ao Castelo, festa de interese turístico do municipio.

Tamén destaca VimiAventuras nas Parroquias, unha iniciativa que achega as actividades de conciliación ás distintas zonas do concello, facilitando o acceso das familias do rural e garantindo igualdade de oportunidades en todo o territorio.

Vimiverán 2026 consolídase así como unha proposta que combina conciliación, educación, ciencia, patrimonio e participación comunitaria, ofrecendo experiencias formativas e de lecer ao longo do verán.

Esta semana

Detenido un hombre por tres robos en negocios de Vimianzo y Camariñas

La Guardia Civil ha detenido a un hombre de...

A Xunta inicia a segunda fase das obras do santuario da Virxe da Barca de Muxía

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a segunda...

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

En corto

“Avogato”: así é o novo conto infantil da ilustradora Miryam Mouzo

A ilustradora infantil de Camelle Miryam Mouzo presenta unha...

Novos achados no Castro das Barreiras

A última campaña arqueolóxica realizada no Castro das Barreiras,...

Orzamentos 2026 aprobados en Muxía

O Concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais para...

Miryam Mouzo impulsa una colección de cuadernos infantiles ilustrados

La escritora e ilustradora infantil Miryam Mouzo, natural de...

Primera reunión institucional entre Formoso y Javier Sar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso