A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a directora do Centro Asociado á UNED na Coruña, Ana Mónica Novo, asinaron hoxe un convenio que permitirá abrir unha sede da UNED no municipio. A nova instalación ofrecerá cursos presenciais de Extensión Universitaria, cursos de verán, orientación académica e laboral, así como programas UNED Sénior e CUID.
Con este acordo, Vimianzo convértese en sede oficial destas actividades, ampliando a oferta educativa e facilitando o acceso á formación superior a toda a comarca. A alcaldesa subliñou que “é unha gran oportunidade para mellorar o acceso á educación dos nosos veciños e veciñas, e permitirá aforrar moitos desprazamentos”.
