Vimianzo acolleu a presentación dos datos do Índice de Coxuntura Económica, ICE, un documento editado polo Club Financiero de Santiago.
O acto levouse a cabo na Casa da Cultura coa presenza da alcaldesa, Mónica Rodríguez e do presidente do Club Financiero de Santiago, Roberto Pereira, así como dunha parte do equipo redactor: Maite Cancelo, profesora de Economía Cuantitativa; María Bastida, profesora de Organización de Empresas e Comercialización, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor de Facenda Pública e Sistemas Fiscais.

Índice de Coxuntura Económica
O Índice de Coxuntura Económica, ICE, é unha radiografía económicas das comarcas da provincia da Coruña.
A alcaldesa Mónica Rodríguez destacou a posición de liderado da provincia da Coruña “da poboación e actividade económica e industrial de Galicia”.
Para Roberto Pereira o ICE “É un documento imprescindible para a análise e toma de decisións, xa que aporta información valiosa sobre a nosa realidade”