O presidente da Deputación, Valentín G. Formoso, e o deputado de patrimonio, Xosé L. Penas, asinaron un convenio coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez para a xestión integral do Castelo de Vimianzo e dos Batáns de Mosquetín.
O organismo provincial inviste 120.000 euros (102.000 para o Castelo e 18.000 para os Batáns), nun acordo que inclúe a atención de visitantes, a mostra de artesanía en vivo e outras actividades de dinamización e divulgación.
Actividades no Castelo e nos Batáns
Con este convenio realizarase unha mostra de artesanía en vivo e unha serie de exposicións temporais no Castelo de Vimianzo; visitas guiadas e teatralizadas; obradoiros de dinamización e divulgación; roteiros e relatorios nos Batáns de Mosquetín e a elaboración de unidades didácticas para os centros educativos.
Esta colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo amplíase, deste xeito, un ano máis, continuando cunha liña de traballo que aposta pola protección, a conservación, a rehabilitación, a musealización eposta en valor do Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín a través dediferentes actividades destinadas a toda a sociedade.