Aínda que xa participou en dúas comisións informativas previas, a camariñá Paula Mouzo Mas “xurou” este martes o seu cargo como deputada autonómica.

Familiares e amigos acompañaron a Mouzo neste día. E tamén os concelleiros do PP de Camariñas, Juan Carlos Amado Sambade e Manuel Mejuto Ríos.

A portavoz municipal dos populares de Camariñas foi unha das 9 persoas que tomaron posesión no día de hoxe e se incorporaron os escanos do PP.

Xa tivera a experiencia de estar no Parlamento de Galicia pero só durante uns meses.

«Ilusionada e con gañas de traballar»

Recentemente, Paula Mouzo afirmou sentirse “moi ilusionada e con ganas de traballar por Galicia, a Costa da Morte e a miña Camariñas”.

Agradeceu a confianza do presidente Alfonso Rueda e do Partido Popular dixo estar disposta a traballar r “en todos os asuntos que teño en mente, en propostas que recibimos no seu momento, e tamén as demandas que continuaremos recollendo a pé de rúa”.

Na comisión de Pesca e Marisqueo celebrada fai uns días xa foi nomeada Vicepresidenta da mesma.