A ría que comparten Vimianzo, Camariñas e Muxía estende o seu brazo coma un húmido camiño pola Terra de Soneira: o río do Porto. Son parroquias xunguidas por históricos vencellos que encaran o século XXI con problemas, reclamacións e esperanzas comúns, tamén con perspectivas locais que pecisan atención.
O Xornal da Ría quere servir de vía de comunicación nas redes para as mulleres e homes da nosa ría, prestando voz aos seus afáns e traballos, as institucións que os representan e a vida social, cultural e económica desta terra salferida polo último solpor occidental.
RAFAEL LEMA – DIRECTOR
