O Concello de Muxía ven de solicitar un lote de axudas a Xunta de Galicia e Deputación da Coruña, con valor de preto de 900.000 euros, para realizar importantes actuacións no municipio.

Entre as intervencións a realizar están completadas o arranxo total do paseo fluvial do río Negro, a adquisición dunha pala escavadora, ou a formación de equipos de limpeza e mantemento das zonas rurais, entre outras.

Tras o anuncio, o alcalde, Iago Toba destacou que “a prioridade deste equipo de Goberno é conseguir a maior cantidade de recursos económicos para o Concello cunha mínima inversión municipal, facendo que a veciñanza poida beneficiarse da maior cantidade de obras e servicios sen apenas repercusión para as arcas municipais”.

“Por poñer un exemplo, Muxía conseguiría unha pala escavadora valorada en 66.187 euros por menos de 9.000 de aportación municipal, ou un operario de desbroces durante 9 meses por pouco mais de 4000 euros en total”, rematou.

Nota de prensa do concello de Muxía