Mercé Barrientos denuncia unha “fixación” do alcalde de Muxía, Iago Toba, coa concelleiras da oposición: “Ten unha fixación conmigo e coas compañeiras da oposición que foron agredidas verbalmente”.
Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas a portavoz nacionalista, a portavoz pensa que polas súas actitudes e o seu perfil o alcalde “non debería estar na política” .
Pensa que Muxía está vivindo unha “situación de parálise” pola falta de xestión e ademáis acusou ao alcalde de lanzar “insidias” e de provocar unha “regresión democrática” con “modos propios da ultradereita”.
ENLACE A ENTREVISTA EN RADIO XALLAS
Desvelou que desde o seu partido moveron ficha para evitar a crispación existente no concello: ““o BNG mantivo conversas cos responsables de organización do PSOE pero non deron resultado, a súa actitude non cambiou ou vai in crescendo”.
No programa radiofónico, Barrientos descartou a posibilidade de participar nun goberno alternativo co Partido Popular e afirmou que a liña do BNG estaba definida e non mudaría.