A portavoz municipal do BNG no concello de Muxía, Mercé Barrientos, participará este venres 20 de setembro, no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas , para valorar a actualidade municipal.

Nos estudios da emisora ubicada en Santa Comba, Barrientos comentará a situación dun dos concellos con máis crispación política da provincia coruñesa. Desde as 12:00h.

O dial de Radio Xallas é o 107.5FM e tamén pode escoitarse desde internet (enlace Radio Xallas), a APP Radio Garden ou posteriormente nos podcast de Ivoox e Spotify.

“Na Encrucillada”, presentado e dirixido por Xosé Manuel Lema, emítese de luns a venres de 11 a 13h. Radio Xallas tamén emite un informativo ás 10 da mañá.