Así respondeu o portavoz de Independentes por Muxía, Javier Sar Romero, ao alcalde Iago Toba cando convidou á oposición a presentar unha moción de censura.


“Se por min fora vostede non estaba aí a día de hoxe” afirmou Sar abrindo a porta a apoiar a outra candidata á alcaldía. “Non teño ningún problema a que sexa alcaldesa outra persoa”.

Unha vez máis Muxía viviu un pleno polémico, con ataques verbais, interrupcións, etc.

Emenda da oposición


A oposición fixo valer a súa superioridade numérica (3 PP, 2 independentes e 1 BNG) por 5 edís do PSOE, para aprobar un gasto de 549.510,81 € do remanente, cando a proposta do alcalde era do dobre desa cantidade.


A oposición emprazou ao executivo a aprobar uns orzamentos. Desde o Goberno aseguran que con esa emenda o único que se fixo foi “eliminar partidas” que xa estaba previstas.


“O que se solicitou era dar luz verde á parte proporcional que debe aportar o Concello, un importe de preto de 160.000 euros para conseguir a subvención de 900.000 euros que permita realizar este plan obras” sinalan desde o goberno.