O Concello de Camariñas celebra este venres, ás 20:00 horas, unha sesión plenaria para aprobar a proposta do Plan Único 2026 da Deputación da Coruña. O proxecto do goberno local contempla un investimento total de 681.116,52 euros distribuídos entre gasto corrente e obras de infraestrutura urbana.

Máis dun 60% a gasto corrente

Segundo a memoria técnica, 319.174,06 euros do orzamento destinaranse a gastos correntes , mentres que 162.528,23 euros financiarán a humanización das rúas Alcalde Noguera Patiño e Médico Tomás Artaz. Esta actuación consistirá na renovación integral das redes de saneamento e abastecemento, a instalación dunha nova rede separativa de pluviais e a pavimentación de ambas as vías.

Plan Complementario

Plan Complementario e obras en Camelle A corporación municipal tamén decidirá sobre a aprobación do Plan Complementario 2026, que suma outros 518.588,29 euros destinados a oito proxectos específicos. Entre as actuacións previstas figuran a mellora térmica das carpinterías da Casa do Mar de Camelle e a creación dunha sala para actividades culturais no mesmo edificio.

O plan inclúe ademais a reparación de pavimentos e ampliación de ancho na pista a Mourín (fases 1 e 2), a pavimentación na Grixa e na Rucheira, e o acondicionamento de dous novos tramos na zona da Milleira.