A portavoz municipal do Partido Popular, Paula Mouzo Mas, presentou un escrito no concello de Camariñas no que traslada o malestar veciñal que existe na Ponte do Porto polo subministro da auga que en múltiples ocasións sae turbia.
Mouzo pide á alcaldesa que comprobe a situación e que “se adopten as medidas necesarias para prestar un servizo axeitado ós usuarios”. Os populares tamén presentaron un rogo plenario no mesmo sentido.
Esta semana os populares lanzaron dous vídeos nas redes sociais criticando, por unha banda, a suba de impostos aprobada polo goberno do PSOE e outro relacionado co legado de Man de Camelle.