O PP fai unha valoración moi positiva dos orzamentos da Xunta e destaca o investimento no CEIP O Areal de Camariñas. Na foto, a portavoz Paula Mouzo Mas acompañada polos concelleiros Manuel Mejuto Ríos e Juan Carlos Amado Sambade.
Este é o comunicado difundido polo PP
O Partido Popular de Camariñas valora moi positivamente os orzamentos da Xunta de Galicia para 2026, que recollen un investimento de case un millón de euros (965.000 euros) para unha obra moi necesaria, como é a reforma do CEIP O Areal de Camariñas.
Demanda de Paula Mouzo Mas
“Para nós é unha moi boa noticia, sen dúbida unha mostra do compromiso da Xunta co noso concello”, sinalan desde a formación, que lembra que este proxecto se completa con diferentes investimentos que se veñen realizando nos últimos tempos.
Outros investimentos con incidencia no concello
Ademais desta importante actuación no eido educativo, que responde a unha demanda trasladada pola nosa portavoz e deputada Paula Mouzo Mas, tamén se contempla unha partida para a mellora dos departamentos de usuarios do peirao de Camariñas, así comofondos que chegarán a través de diferentes programas, como o Bono Concilia, o Plan Camiña Rural, o Plan Corresponsables ou as axudas á Dependencia.
Tampouco se deben esquecer, por suposto, outros investimentos de carácter comarcal que tamén benefician a Camariñas, como a autovía da Costa da Morte —dotada con 8 millóns de euros— ou a mellora do equipamento do Hospital Virxe da Xunqueira, coa adquisición dun mamógrafo (326.000 euros), entre moitas outras actuacións.
