O emigrante e músico porteño, Antonio Rodríguez Caamaño faleceu en Inglaterra, onde residía.

Naceu nunha familia de músicos, co seu irmán Franco (Orquestra Foliada, entre outras) e José como compañeiros ata que emigrou. Formou parte de Los Póker e Los Auces, dinamizando a vida musical da súa localidade natal e da contorna.

A finais dos anos 80, con outro emigrante, Antonio, gravou un cassette con cancións como “Puente del Puerto” que se fixeron moi populares e tiveron moita repercusión, motivando a gravación dun segundo traballo. As cancións de Eliseo&Antonio permanecen na memoria colectiva.

Antonio seguiu vencellado a música, pinchando como “Antonio el Musicante” e sempre pendente do seu pobo, Ponte do Porto.

Nunha entrevista en Radio Xallas, no 2012, confesaba “A música salvoume a vida”. Descanse en paz Antonio Rodríguez Caamaño.