O músico camariñas, Carlos Barcia Trashorras, acaba de fichar por Tanxugueiras.
Desde as redes sociais saudaban así ao noso veciño:
“Benvido á tanxufamilia! Qué ilusión!!! Moi emocionadas de que te sumes a esta aventura canda nós, mañá arranca isto!! Vamooosssss”.
Carlos Barcia formou parte nos últimos tempos doutra das bandas recoñecidas en Galicia, Arrhythmia.
Arrhythmia despedían así a Carlos despois dun concerto en terras lucenses:
:”Grazas por todo, sabemos que esta non vai a ser a última vez que subas con nós, esperamos que tiveras a despedida que mereces”.

Desde aquí felicitamos a Carlos !!!