O Concello de Camariñas presentou en FITUR a súa campaña turística para 2026, coa que quere levar ao visitante ao epicentro da súa natureza máis salvaxe. A alcaldesa, Sandra Insua, deu a coñecer no stand de Turespaña un novo spot centrado no eixo Trece–Reira–Vilán, un dos treitos máis icónicos da Costa da Morte.
Insua destacou que se trata da campaña turística máis impactante realizada ata o de agora. Tamén se presentou o cartel da trixésimo quinta Mostra do Encaixe, que se celebrará en Semana Santa baixo o lema “Camariñas, onde o fío se converte en arte”.
O cartel foi deseñado polos irmáns Estefanía e Pedro Orgaz.
