A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou hoxe o Concello de Camariñas para supervisar actuacións financiadas con máis de 100.000 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Entre elas, a instalación dun novo ascensor na Casa do Concello, cunha achega de 40.000 euros, que permite eliminar barreiras arquitectónicas e garantir o acceso ás tres plantas do edificio.

O concello recibiu tamén preto de 60.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, destinados á limpeza de cunetas, camiños e sendeiros, á compra dun novo furgón para o servizo de abastecemento de auga e á adquisición de 40 contedores de residuos.

Ademais, a Xunta asinou un convenio de case 263.000 euros para cubrir gastos extraordinarios e danos provocados polos incendios forestais do verán, incluíndo reparacións de viarios, equipamentos e material de extinción.

Na súa visita, do Campo estivo acompañada pola alcaldesa Sandra Insua, pola deputada e portavoz do PP, Paula Mouzo Mas e por membros da corporación local.