A organización da Mostra do Encaixe informa que un total de 16.689 persoas asistiron a XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas “demostrando que nin o mal tempo é capaz de rebaixar o poder de atracción que ten o principal evento de moda en España en Semana Santa”.

Segundo o concello camariñán o día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas.

A mitade das entradas foron de veciños do concello, tal é como aseguran nun comunicado de prensa:” En total foron 8.544 os camariñáns que visitaron a XXXIII Mostra do Encaixe, superando amplamente aos datos de calquera das anteriores edicións. O ano pasado, foron 1.302 veciños e veciñas”.