Camariñas aproba a primeira fase do Museo dos Naufraxios

O Concello de Camariñas celebrou un pleno extraordinario no que se deu luz verde ao proxecto e á solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña para acometer a primeira fase do futuro Museo dos Naufraxios.

A proposta do goberno de Sandra Insua saíu adiante co voto favorable do PSOE, a abstención do Partido Popular e o voto en contra do BNG. O investimento total previsto ascende a 430.000 euros, dos que 330.000 serían achegados pola Deputación e os restantes 100.000 pola administración local.

Primeira fase

Segundo explicou o goberno municipal, neste primeiro tramo das obras prevese acondicionar parte da planta baixa da antiga lonxa vella para instalar a Sala de Exposicións “Beti Donosti”, realizar servizos básicos e crear un espazo público conectado por unha zona común con acceso exterior.

O proxecto inclúe reparacións e consolidación da estrutura e actuacións na envolvente exterior para frear o deterioro do inmoble, deixando para unha segunda fase a adaptación da planta alta.

Queixas do Partido Popular

Desde a oposición, o PP criticou duramente o procedemento seguido polo executivo socialista. A portavoz popular, Paula Mouzo Mas, lamentou que non se convocase a preceptiva comisión informativa antes de levar o tema a pleno, o que obriga a votar unha urxencia que considera “dubidosa”.

Mouzo afirmou que o seu grupo non dispuxo de tempo suficiente para estudar o proxecto e que tampouco se lles escoitou. Engadiu que non ven claro que exista un plan de xestión ou de viabilidade para o futuro museístico e, por iso, optaron pola abstención.

BNG opónse

Pola súa banda, o BNG rexeitou que o Concello asuma a rehabilitación dun edificio que non é de titularidade municipal, lembrando que pertence a Portos de Galicia.

O voceiro nacionalista, Xurxo Rodríguez, propuxo que sexa este organismo o que financie a reforma e que os fondos locais se destinen a crear zonas de xogos e mellorar o parque infantil de Camelle.

Ademais, recordou que xa en febreiro presentaron unha emenda para retirar a partida destinada á lonxa e reclamar a Portos a conservación do inmoble.

Esta semana

Cambios no PP de Camariñas no treito final da lexislatura

A voceira do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo...

Camariñas nomeará a Luz Casal Filla Adoptiva nun pleno extraordinario o 29 de xullo

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro mércores, 29...

Sigue la fiesta con celebraciones en Pasarela y Cereixo

Pasarela-Calo y Cereixo celebran sus fiestas con diferentes atractivos...

Comienzan las obras de la nueva fase de la autovía de la Costa da Morte

La Xunta de Galicia ha iniciado este viernes en...

Santa Mariña inicia as súas festas coa tradicional sardiñada popular

A sardiñada popular que se celebra anualmente no porto...

En corto

Cambios no PP de Camariñas no treito final da lexislatura

A voceira do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo...

Camariñas nomeará a Luz Casal Filla Adoptiva nun pleno extraordinario o 29 de xullo

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro mércores, 29...

Sigue la fiesta con celebraciones en Pasarela y Cereixo

Pasarela-Calo y Cereixo celebran sus fiestas con diferentes atractivos...

Santa Mariña inicia as súas festas coa tradicional sardiñada popular

A sardiñada popular que se celebra anualmente no porto...

Vimianzo se prepara para la XXVIII Rapa das Bestas este fin de semana

El Campo da Areosa, en Vimianzo, se convertirá este...

Camariñas celebra as Festas do Carme desde este mércores

Verbenas con Olympus, La Fórmula ou Panorama City, procesión...

Anxo Lorenzo se interesa por el legado de Man de Camelle

El Director Xeral de Cultura de la Xunta de...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso