Acto sobre o ‘Camiño ao Emprego’ en Muxía

O Xefe de servizo de Formación da Xunta, Javier Campa, e as alcaldesas de Camariñas, Sandra Insua, Vimianzo, Mónica Rodríguez e o rexedor muxián, Iago Toba, presentaron o quinto obradoiro dual “Camiño ao Emprego”, nun acto celebrado en Muxía.

Nesta edición hai dúas especialidades: limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e operacións auxiliares de revestimentos continuos e construción.

A iniciativa, de 12 meses de duración, desenvólvese desde o pasado mes de decembro, con vinte alumnos.

A Consellería de Promoción do Empego e Igualdade achegou preto de medio millón de euros para facer realidade esta iniciativa. As empresas poderán contar coas alumnas e alumnos deste programa grazas ós incentivos de contratación do goberno autonómico.

Ao longo destes primeiros meses de formación, o alumnado realizou diferentes tarefas en distintos lugares dos tres municipios, como o Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Camariñas, o revestimento dos paramentos interiores e exteriores da escola de Bamiro, diferentes actuacións de limpeza no núcleo urbano de Camariñas, no parque empresarial de Vimianzo, na escola de Carantoña, ou os da contorna de Bamiro e de Cambeda.

No Concello de Muxía as actuacións darán comezo a vindeira semana. Entre outras, procederase á limpeza da zona do ‘Coído’, un espazo moi concorrido e onde se localiza o parque infantil máis grande do municipio e un parque biosaudable.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso