Críticas desde BNG e PSdeG ao proxecto presentado por Alfonso Rueda

O BNG e o PSdeG criticaron hoxe en Vimianzo o proxecto do Goberno da Xunta para a prolongación da AG-55. O presidente Alfonso Rueda e a conselleira de Infraestruturas participaron nun acto para anunciar a licitación da chamada primeira fase, entre Santa Irena e a estrada AC-432.

Valoración BNG
Oscar Insua, deputado do BNG, denunciou que “hai que ter pouca vergoña e moita cara para anunciar a bombo e platillo o que é un incumprimento en toda regra, no fondo, na forma e no tempo”.

O deputado criticou que a obra non será unha autovía completa, senón un corredor con só un carril por sentido, e que os cartos empregados no acto de propaganda poderían dedicarse a centros de día ou vivenda pública na comarca. Insua pediu á Xunta “menos propaganda e máis investimentos” e destacou a necesidade de mellorar o transporte público e eliminar a peaxe entre Carballo e A Coruña.

Segundo Insua, “despois de anos de espera e incumprimentos, un político sensato non viría a alardear e presumir dun engano, pero o PP está curado de espanto”.

Valoración PSdeG
Patricia Iglesias, deputada do PSdeG, censurou que o proxecto só contempla un treito de 5,5 quilómetros e que “non vai ser autovía, vai ser un corredor”, con só unha calzada para ambos sentidos. Iglesias lembrou que a ampliación da AG-55 foi un proxecto iniciado durante o Goberno de Touriño, con previsión de prolongalo ata Berdoias, e que o executivo de Feijoo paralizou desde 2009.

A deputada socialista afirmou que o PSdeG seguirá reivindicando a finalización da infraestrutura tal como estaba previsto no proxecto orixinal. Ademais, criticou as peaxes da autoestrada da Costa da Morte, especialmente entre Carballo e A Coruña, e sinalou que os descontos limitados da vía autonómica, fronte ás bonificacións doutras autoestradas estatais, sitúan aos veciños como “habitantes de segunda”.

Esta semana

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

En corto

Nemiña acollerá unha Casa do Maior con 10 prazas na antiga escola

A Xunta de Galicia concedeu unha nova Casa do...

Incendio Ponte do Porto: Máis de 25 hectáreas afectadas

A consellería de Medio Rural deu por extinguido o...

Ponte Friki volve o 6 e 7 de marzo

O Concello de Camariñas presentou o cartel da terceira...

Incendio en Camariñas e Vimianzo impulsado polo vento do nordés

A Consellería do Medio Rural informa que un incendio...

Manuel Gamallo, a pegada dun canteiro da Ponte do Porto

Manuel Gamallo é un dos grandes canteiros do barroco...

Camariñas sementa memoria

Camariñas acollerá os días 30 e 31 de outubro...

Belén Insua Fuentes, na candidatura do PSOE ao Congreso

Belén Insua Fuentes ocupará o posto número 5 na...

José Enrique e Kike Benlloch presentan o venres «Historia de Muxía e Moraime»

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acollerá este...
Logotipo Adiante Galicia

Artículos relacionados

Categorías

Xeitoso