Jesús Alonso “Cousillas” deixa o timón do Porteño FC, unha labor que compartiu co incombustible Javi Baña e despois dunha tempada histórica cun ascenso e a final da Copa da Costa.
O inicio deste curso foi un tanto irregular e despois de seis partidos Cousillas marcha: “Tiña decidido que esta sería a última tempada pero non entraba nos meus plans abandonar o barco o comenzo da travesía, pero as cousas casi nunca salen como un quere” explicou o adestrador nunha carta de despedida.
Porque o Porteño é para Cousillas algo máis ca un equipo. “Debo apartarme da miña outra familia, da que foi a miña casa durante tantos anos, donde pasein a miña xuventude e me formei como persona”.
Son máis de dúas décadas vencellado ao club da Ponte do Porto. Agradece o apoio de Baña e dos xogadores e desexa o mellor a entidade para o que resta de tempada: !Ides sacalo adiante, sin duda!.
Javi Baña, que tamén é directivo e unha peza imprescindible no Porteño, farase cargo agora da dirección do equipo para a vindeira xornada, na que o Porteño recibe a un Monte Louro en bo momento. Para a vindeira semana un novo adestrador chegará ao equipo. E como nos comenta Javi “o que axudarei en todo o que poda”.
